Actualidade > Entrevistas > Detalle de entrevista
A sociedade e as tecnoloxías da información alzáronse como as novas armas para o desenvolvemento común da sociedade actual en todos os seus ámbitos. Ramón Bermúdez de Castro, decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, concedeu unha entrevista en exclusiva ao portal da internacionalización das empresas galegas, ByGalicia, onde dá respostas claras a cuestións sobre a sociedade da información, a actualidade do sector ETIC, os procesos de investigación e desenvolvemento das empresas galegas do sector, e por suposto, dos procesos de internacionalización e comercio exterior que levan a cabo as compañías de Galicia en calquera parte do globo.
Bermúdez de Castro aborda en primeiro lugar a situación actual da sociedade da información en Galicia, dando datos e solucións concretas ás cuestións que afrontan o sector neste momento económico. A actual crise económica agudizou o enxeño de empresas e investigadores á hora de mellorar os seus produtos. O entrevistado explica como poden contribuír as empresas ETIC á expansión da economía, así como as mellores solucións para fortalecer e dinamizar o sector.
E no apartado reservado á internacionalización, Ramón Bermúdez de Castro fai unha serie de recomendacións ás empresas galegas do sector para potenciar e ampliar a súa presenza en mercados estranxeiros desde a súa experiencia como director de expansión internacional dunha empresa punteira da sociedade da información.


Ramón Bermúdez de Castro Olavide é licenciado en Enxeñería de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid. Ademais, é Especialista en Teledetección pola Universidade de Purde (USE) e Diplomado en Dirección e Xestión de Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na actualidade desempeña o posto de decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e desde 1984 leva a cabo o labor de Director da área de Expansión Internacional de Televés, S.A.
Anteriormente foi Xefe de Produto de Televisión por Cable de Televés, S.A., Delegado para Galicia de Hispano Electrónica, S.A., Investigador en Teledetección no Instituto Xeográfico Nacional e no Laboratory for Applications of Remote Sensing (National Aeronautics and Space Administration) na Universidade de Purdue, Indiana (EE.UU.).