As chaves da internacionalización > Análise e escolla de mercados
Por onde comezar?
Unha das primeiras decisións que se toman nun proceso de internacionalización é o país no que se vai traballar. Se o lóxico sería detectar primeiro a necesidade de medrar cara a fora e logo buscar o país axeitado, a realidade amosa que pode darse tamén o proceso contrario: detéctase unha oportunidade nun país e ponse en marcha o proceso de internacionalización.
Sexa cal sexa o xeito no que se chegou á conclusión de internacionalizar a empresa, o que nunca pode faltar é unha investigación sistemática sobre os posibles mercados que se están a barallar.
A análise e investigación dos mercados consiste en analizar sistemáticamente información que servirá para tomar decisións estratéxicas de actuación. Mais non servirá calquera tipo de información. Cómpre definir qué factores son importantes para o obxecto da análise que se está a realizar. É dicir, que elementos de análise terán relevancia para a nosa toma decisións.
Hai dous grandes bloques que non poden faltar na investigación dun mercado