ByGalicia.
  • busqueda avanzada
  •   

As chaves da internacionalización

Formación

A situación actual da progresiva globalización da economía crea novas necesidades de formación que as empresas teñen que encarar. A competitividade da nosa empresa dependerá en grande medida do grado de coñecemento dos aspectos do comercio internacional do noso equipo humano. A formación de profesionais nestas áreas é necesaria para realizar un proceso de internacionalización con garantías de éxito.

Desde a Consellería de Economía e Industria, e conscientes desta necesidade, queremos proporcionar ás empresas galegas formación especializada na área de internacionalización. Que as nosas empresas estean presentes na economía global dará un pulo á nosa competitividade como país.

Nesta sección pretendemos amosar as diferentes modalidades da oferta formativa en comercio exterior. Desde formación regrada dirixida a persoas sen experiencia profesional até programas de máster, cursos de especialización, xornadas e seminarios dirixidos a profesionais.

Formación regrada: Ciclos de Formación Profesional

Ciclos Formativos de Grao Medio

Nome

Duración

Titulación

CM Comercio

1400 h

Técnico en Comercio

Ciclos Formativos de Grao Superior

Nome

Duración

Titulación

CS Comercio Internacional

2000 h

Técnico Superior en Comercio Internacional

CS Xestión Comercial e Marketing

1400 h

Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing

CS Xestión de Transporte

2000 h

Técnico Superior en Xestión do Transporte

Poderás atopar máis información na páxina web da Xunta: www.edu.xunta.es/fp

Formación non regrada

  • Programas master
    Os masters o que pretenden é dotar ao alumnado dun coñecemento multidisciplinar no ámbito da comercialización e dos negocios internacionais. Impártenos universidades dentro da súa oferta xeral de programas de post-grao, ou escolas de negocios. A duración e prezo varían moito dun centro a outro.
    Conscientes da necesidade de formar a profesionais que dirixan as empresas a nivel internacional, destacamos entre os masters o "Master en Dirección e Xestión do Comercio Exterior", (www.usc.es/mascomex) realizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, dirixido a cubrir as necesidades dos profesionais da empresa actual.
  • Cursos específicos de comercio exterior
    Os cursos diríxense principalmente a profesionais que realicen labores de comercio exterior na empresa, exportacións, importacións, xestión de transporte internacional..., así como a licenciados ou estudantes que queren desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio internacional. Impártense en multitude de organismos públicos e privados e a súa duración non soe ser superior ás 300 horas. O prezo varía moito dependendo principalmente de se se trata dunha acción formativa subvencionada ou non.
    A Universidade de Santiago de Compostela, dentro do seu marco de actividades formativas na área do comercio exterior organiza, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, o "Curso de experto en asesoramento e consultoria en comercio exterior", (www.usc.es/mascomex/) cunha orientación práctica e dirixido ao persoal técnico e directivo de empresas que pretendan internacionalizarse e tamén a empresas consultoras galegas que pretendan dar servizos de asesoramento e consultoria en procesos de internacionalización da empresa.
  • Xornadas e seminarios
    Ofrecen información moi relevante sobre temas relacionados co comercio exterior. Están dirixidos a profesionais do sector e impartidos por persoas moi especializadas na materia. Na maioría dos casos a asistencia é de balde previa inscrición.
    Para informarte sobre as próximas xornadas e seminarios que se organizarán consulta: FOEXGA
    O Instituto Español de Comercio Exterior ICEX ofrece na súa web, dentro dos programas de formación, os servizos gratuítos da Aula Virtual, na que podemos, vía on-line, participar en xornadas e seminarios que organizan.
    Visita tamén a web do IGAPE.
  • Bolseiros no exterior
    O programa de bolseiros no exterior promovido no Plan de Fomento das Exportacións Galegas FOEXGA, dispón de bolseiros destinados en diferentes países de todo o mundo onde desempeñan funcións de apoio á internacionalización da empresa galega. Concretamente coordinan misións comerciais de representantes de empresas galegas aos destinos onde están asinados. Outra das súas misións é atender as consultas realizadas dende Galicia sobre o mercado do país onde se atopen. O longo da súa estadía no estranxeiro, realizan ademais estudos de mercado relacionados co desenvolvemento de determinados sectores de interese para a economía galega.

¿Necesitas asesoramento en Formación?

 

Te ofrecemos especialistas

*

Bolsas de internacionalización

Os organismos públicos de promoción exterior teñen programas de formación para bolseiros. Se che interesa o comercio internacional, infórmate: