As chaves da internacionalización > Marketing internacional
As oportunidades que xeran os mercados motiva a expansión das empresas cara ao exterior. Os mercados internacionais non só representan unha oportunidade para canalizarmos o crecemento e volume de vendas das nosas empresas: a procura de materias primas, a produción noutros países, subcontratación e externalización de certos servizos son posibilidades que temos enriba da mesa.
Mais non se pode esquecer que do mesmo xeito que as empresas galegas se internacionalizan e levamos os nosos produtos ao exterior, empresas procedentes doutros países tratan de facer o mesmo no noso territorio. A competencia, aínda que non se saia do propio mercado nin se pretenda vender un só produto no exterior, é polo tanto de carácter internacional. Temos dous focos de presión que afectan directamente á competitividade das nosas empresas: a nosa propia presenza en mercados exteriores e, por outra banda, a competencia internacional.

Dobre presión da globalización
O escenario competitivo actual está cheo de incertezas, que son aínda máis grandes cando se trata de mercados internacionais. Mais esas incertezas poden volverse ao mesmo tempo en oportunidades: os factores que normalmente nos fan fracasar nun proxecto son aqueles mesmos que nos poden facer triunfar. byGalicia teno claro: trazar unha estratexia e plasmala nun plano de márketing internacional é a ferramenta que che permitirá ter un maior control sobre a internacionalización da túa empresa. É dicir, axudarache a facer fronte ás ameazas e a aproveitar mellor as oportunidades.
Os elementos chave do plano de márketing internacional son:

Elementos chave do plano de márketing internacional
En byGalicia obterás información sobre cada un destes aspectos chave do plano de márketing internacional