As chaves da internacionalización > O uso da Internet e as TIC
A adopción de Internet como ferramenta deu un xiro espectacular ao comercio internacional nos últimos anos. A utilización das denominadas tecnoloxías da información e comunicación (TICs), resultado da integración das telecomunicacións e da informática, converteuse nunha peza indispensable para calquera empresa que queira estar presente nos mercados internacionais.
Tradicionalmente, o feche dunha operación normal de comercio internacional requiría o uso de teléfono, fax, papel, catálogos, viaxes, esperas, etc. Na actualidade a utilización de Internet permítenos aforrar tempo, diñeiro e operar nun mercado único a nivel mundial aberto as 24 horas.
As principais utilidades que nos aporta internet como ferramenta de internacionalización son:
Con todo, o uso de Internet na promoción internacional esixe dos coñecementos adecuados tanto en internacionalización como en novas tecnoloxías para que os usuarios atopen a información que necesitan de forma rápida e eficaz. En byGalicia considermos que hai dúas ferramentas fundamentais. Bótalle un ollo:
Van ser ao mesmo tempo tarxeta de visita e porta de entrada da nosa empresa para o mundo. A web debe ofrecer unha visión completa da empresa aos nosos potenciais clientes, pero ademais debe ser punto de contacto e pode converterse en canle de venda. Para que poida cumprir estas funcións é necesario que o seu deseño e estrutura estean orientados cara á internacionalización. Ensinámosche como.
Internet pode ser tamén a canle a través da cal se poden comprar e vender os nosos produtos a outras empresas ou directamente aos consumidores, co consecuente aforro de custos de promoción, intermediarios e distribución. A creación dunha canle de e-business é unha tarefa complexa que require dun gran esforzo tecnolóxico e de mercadotecnia, pero que unha vez implantado pode producir grandes beneficios cun mínimo custo económico e operativo. Na sección e-business atoparás máis información.
Ademais da páxina web, Internet pon a disposición das empresas de comercio exterior outras ferramentas de difusión que convén coñecer. Repásaas con byGalicia: