ByGalicia.
  • busqueda avanzada
  •   

Business opportunities

Business opportunities > Specials > Technology export

  • Click here to tip a friend about this page!
  • Copy and paste this link into your RSS news reader.

Technology export

A tecnoloxía española e galega mellora a súa competitividade nos mercados internacionais

Non resulta fácil cuantificar o volume de negocio exterior que xera a tecnoloxía tanto a nivel español como galego. Isto é debido a que as transaccións exteriores que xera a tecnoloxía son moi variadas. Por unha banda, teríamos a cesión de dereitos de propiedade industrial que realizan as empresas españolas a cambio de “royalties” (patentes, licenzas, know-how, asistencia técnica); por outra banda, estaría a tecnoloxía incorporada aos bens que o noso país exporta ao resto do mundo; e finalmente, estaría a tecnoloxía que transfiren ao exterior as nosas empresas cando crean filiais ou sucursais noutros países.

Aínda cando somos un país con unha elevada dependencia tecnolóxica exterior, a nosa situación mellorou de forma substancial nos últimos anos. A balanza de “royalties” contabiliza o fluxo anual de cobros e pagos entre España e o resto do mundo polo emprego de patentes. Ela permítenos avaliar a nosa capacidade para xerar tecnoloxía “patentable” e competitiva a nivel internacional. Como podemos observar os nosos ingresos por “royalties” multiplicáronse case por 10 nos últimos 11 anos e a nosa cobertura exterior practicamente triplicouse1.

Polo que se refire á tecnoloxía incorporada nas nosas exportacións, a súa evolución foi moi favorable. Se comparamos a súa estrutura no ano 2006 co ano 2001; ano en que China se incorpora á OMC, acentuando a competencia nos sectores de baixa e media-baixa intensidade tecnolóxica2; podemos observar como nestes 5 anos o conxunto das exportacións españolas incrementáronse nun 32,5% durante este período, e dentro delas as exportacións dos sectores de alto ou medio-alto contido tecnolóxico incrementan o seu peso, pasando de representar o 44,8% do total exportado no ano 2001 ao 51,5% no ano 2006; mentres que as procedentes de sectores de baixo contido tecnolóxico pasan do 27% no 2001 ao 22,1% no 2006. Un reflexo do cambio que se está operando na nosa especialización produtiva e comercial para adaptarnos á presión que exercen as economías emerxentes no actual contexto competitivo internacional.

No caso particular de Galicia poderíamos sinalar que o crecemento total das nosas exportacións durante o mesmo período foi do 54,5%, e que dentro delas destaca o crecemento dos sectores de alto contido tecnolóxico, que incrementaron as súas exportacións nun 131%. As exportacións dos sectores de medio-alto contido tecnolóxico manifestaron un crecemento menor, aínda que tamén importante (o 31%), grazas á favorable evolución do sector de automoción. Máis forte foi o crecemento das exportacións dos sectores de medio-baixo contido tecnolóxico que se incrementaron nun 51% e as dos sectores de baixo contido tecnolóxico que o fixeron un 100%, arrastradas polo empurre do sector téxtil.

Finalmente, habería que destacar que España se consolidou como un importante inversor neto no exterior, en gran medida grazas á tecnoloxía que desenrolaron as nosas empresas en sectores moi concretos. Así, fai soamente unha década España non tiña ningunha empresa na lista das 500 maiores empresas do mundo; hoxe temos xa 11 empresas neste ranking: 4 do sector da enerxía (Repsol EPF, Endesa, Cepsa e Iberdrola), 3 do sector dos servizos financeiros (Banco de Santander, BBVA e Mapfre), 3 do sector da construción de infraestruturas (ACS, Ferrovial e Fomento de Construcciones y Contratas) e 1 do sector das telecomunicacións (Telefónica); todos eles, sectores con elevado contido tecnolóxico.

 


1O índice de Cobertura representa o porcentaxe dos nosos pagos ao exterior que se financian coas divisas procedentes dos nosos cobros do exterior por este mesmo concepto. Cobertura = cobros / pagos %.

2A OCDE clasifica os sectores industriais tendo en conta a porcentaxe da súa facturación que destinan a inversións en I+D+i en: sectores de intensidade tecnolóxica BAIXA (menos do 1%), MEDIA-BAIXA (entre o 1 e o 2,5%), MEDIA-ALTA (entre o 2,5 e o 7%), e ALTA (máis do 7%). A demanda nos sectores de alto contido tecnolóxico soe crecer en maior proporción que nos sectores con menor contido de tecnoloxía, ofrecendo maiores oportunidades de negocio ás empresas que neles actúan.

  • Información sobre programas de apoio ao exportador

    Estou a punto de comezar un negocio no que terei que establecer relacións comerciais con China. En concreto, trátase de un software para interiorismo e arquitectura. Teño moi pouca experiencia en comercio internacional, polo que me gustaría recibir información no eido dos programas de apoio á iniciación á exportación que ofrecen os distintos organismos. Dado que a sá empresa está comezando a súa andadura internacional, recomendámoslle que para familiarizarse coa problemática do comercio exterior inicie a súa formación a través da páxina web de byGalicia onde encontrará orientacións e suxerencias para iniciar a internacionalización da súa empresa. A continuación mostrarémoslle os links:

    • Iniciación á Internacionalización, facilítalle información e recursos para responder as preguntas que se lle plántella o empresario ao iniciar o seu proceso de internacionalización.
    • As Chaves da Internacionalización. Ofrécenlle información básica que se debe de ter en conta ao iniciar o proceso de internacionalización da empresa.
    Tamén pode consultar as

Go to page Preguntas máis comúns where you can see more questions and answer your own questions.