Current events > Upcoming events > Preguntas máis comúns
Cales son os Incoterms no transporte multimodal?A tal efecto desde byGalicia recomendámoslle que visite a seguinte sección do portal: O transporte multimodal onde se define o que é un transporte multimodal.
“O transporte multimodal defínese como o transporte de mercancías utilizando, polo menos, dous medios de transporte diferentes baixo un único contrato de transporte, desde un punto nun país, onde o operador de transporte multimodal encárgase da mercancía, ata o punto designado para a entrega situado nun país diferente”.
Polo cal só se poderán utilizar aqueles Incoterms que non sexan exclusivos dun único medio de transporte. Na seguinte táboa recóllese o resumo dos mesmos
Cadro Incoterms en el transporte multimodal
Tamén queremos recordarlle que pode visitar a páxina Web da Cámara de Comercio Internacional de París para aclarar todas as súas dúbidas a cerca das especificidades dos Incoterms.
Información sobre programas de apoio ao exportadorEstou a punto de comezar un negocio no que terei que establecer relacións comerciais con China. En concreto, trátase de un software para interiorismo e arquitectura. Teño moi pouca experiencia en comercio internacional, polo que me gustaría recibir información no eido dos programas de apoio á iniciación á exportación que ofrecen os distintos organismos.
Dado que a sá empresa está comezando a súa andadura internacional, recomendámoslle que para familiarizarse coa problemática do comercio exterior inicie a súa formación a través da páxina web de byGalicia onde encontrará orientacións e suxerencias para iniciar a internacionalización da súa empresa. A continuación mostrarémoslle os links:
Tamén pode consultar as Guías de Apoio ao Exportador que ofrece o Plan Cameral do Consello Superior de Cámaras de Comercio no link que lle amosaremos a continuación. As Guías de Apoio ao Exportador ofrecen unha serie de ferramentas on line de apoio e consulta para o exportador, que desenrolan apartados temáticos concretos no campo da internacionalización.
O Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) ofrece dous servizos neste ámbito de actuación. O programa Aprende a Exportar e o programa Pasaporte ao Exterior.
Outro programa interesante para unha empresa que se inicia na exportación é o Programa Plan de Iniciación a la Promoción Exterior (PIPE) que está financiado pola Consellería de Innovación e Industria, as Cámaras de Comercio, o Instituto de Comercio Exterior (ICEX) e o Consello Superior de Cámaras. O seu obxectivo é axudar as pemes españolas que comezan a súa andaina en mercados exteriores, asesorándoas durante dous anos no deseño dunha estratexia de internacionalización, e dotándoas de un apoio económico dirixido a axudalas na posta en marcha de dita estratexia.
Como poderíamos localizar distribuidores nesa zona?A miña empresa elabora conservas de pescado e mariscos de alta calidade. Temos distribuidores en New York e agora queremos ampliar a nosa presenza en Estados Unidos, polo que estamos procurando distribuidores en Miami. Como poderíamos localizar distribuidores nesa zona?
Existen varias fontes de información aos que pode recorrer para atopar listados de importadores e distribuidores de produtos gourmet nesa zona:
Nestes links atópase unha amplia documentación acerca dos produtos gourmet e das conservas de pescado e marisco, respectivamente, nos EE.UU. Neles aparecen listados de distribuidores e importadores de EE.UU. É convinte que revise tamén os estudos de mercado, notas sectoriais e informes das feiras, xa que conteñen anexos con importadores e distribuidores.
Debe de acceder a “estudos de mercados: Cadoex”, logo ten que iniciar a procura, o cal lle levará a un buscador no que terá que seleccionar a súa Comunidade Autónoma, Cámara de Comercio, documentación e estudos de mercado camerais, sector (produtos agroalimentarios), zoa xeográfica a que se dirixe e o país. O resultado que se desprende da procura son un conxunto de informes sobre puntos de venta en EE.UU, estudos de mercado e notas sectoriais (que ao igual que no Instituto Español de Comercio Exterior, nos anexos conten información de importadores e distribuidores).
Por outra parte debería de contactar coa Oficina Económica e Comercial de España en Miami, onde lle poden subministrar listados de distribuidores e importadores actualizados. No seguinte link apareceralle a información:
Existe algunha axuda para costear viaxes?Son un bodegueiro de Ourense e durante a Feira Alimentaria de Barcelona contactei con dous distribuidores de viños de New York (Estados Unidos) que estaban interesados no meu viño. Gustaríame poder ir a visitalos e quixera saber se existe algunha axuda para costear este viaxe.
A través do Plan de Fomento das Exportacións de Galicia (FOEXGA) que financia a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as Cámaras de Comercio Galegas, organízanse misións comerciais a distintos países (entre eles New York, Estados Unidos).
Nestas misións as empresas participantes benefícianse dun importante apoio financeiro que cubre os gastos de desprazamento e aloxamento. Ademais, contan con apoio dos técnicos de comercio exterior das Cámaras de Comercio e das Oficinas Comerciais de España no país de destino que poden subministrarlle documentación sobre o mercado, normas e lexislación aplicables a importación do seu produto nese país, etc. Tamén lle proporcionarán listados de importadores e distribuidores, así como lle axudarán a organizar unha axenda de visitas, se vostede desexa entrevistarse cos mesmos.
Nas seguintes páxinas web pode encontrar información sobre as misións que van a organizarse a New York no 2008:
Esta páxina web dispón dun buscador de eventos, nos que debe introducir o tipo de evento (misión) e o país a onde quere dirixirse.
Nesta páxina aparecen as misións directas convocadas polas Cámaras Galegas.
Debe de entrar en “Accións Plan Cameral” e logo en “Accións de Promoción”. Terá acceso a un buscador de actividades de promoción (misións directas) que organizan tódalas Cámaras de España.
Axudas para acudir a licitaciónsFabricamos grupos electróxenos e comentáronos que existe a posibilidade de acudir a licitacións para o subministro de bens en algúns países que reciben axuda española. Concretamente indicáronos que existen proxectos moi interesantes na área africana (Mozambique e Mauritania) onde a Unión Europea e España están dando axudas. Poderíame informar sobre isto?
Na páxina web do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) pode atopar información e asesoramento acerca dos Programas de cooperación da Unión Europea, Programas de Cooperación dos Bancos de Desenvolvemento, Fondos de Consultoría e Sistema das Nacións Unidas que ofrecen financiamento aos países en vías de desenvolvemento o cal pode ser unha fonte de oportunidades de negocio e/ou inversión para as empresas españolas.
Na mesma páxina web ten acceso ao servizo de “Oportunidades de Negocio Internacionais” que lle axudará a identificar as licitacións nos países mencionados e en outros que lle poidan ser de interese. Para acceder a este servizo é necesario rexistrarse previamente.
Oportunidades de Negocio Internacionais
O Estado Español tamén creou os créditos fondos para facilitar axuda financeira a países en vías de desenrolo denominados FAD. O FAD canalizase a través de créditos concesionais, contribucións a financeiras multilaterais, e mediante doazóns para a realización de estudos financiados polo Fondo de Estudos de Viabilidade (Fondos FEV). Podemos encontrar información acerca das licitacións públicas financiados con estes fondos para eses países en concreto ou para todos en xeral no seguinte link:
Onde ten que buscar o expediente que lle interesa cubrindo os diferentes campos do buscador.
Unha páxina que non pode deixar de visitar se quere conseguir unha licitación en África é a do Banco Africano de Desenvolvemento
Esta páxina está dispoñible en inglés e en francés. No caso de non ter dominio de ningún dos idiomas pode empregar a ferramenta de idioma que ofrece google, así pode obter unha idea aproximada do contido da páxina.
Existe algunha feira en Italia á que poida asistir para promocionalos?A miña empresa elabora pescado conxelado e na feira CONXEMAR varias empresas italianas interesáronse polos nosos produtos. Existe algunha feira en Italia á que poida asistir para promocionalos?
Existen varios buscadores de feiras que poden axudarlle a identificar as feiras que máis lle poidan interesar.
Esta páxina dispón dun buscador de eventos. Debe de introducir o tipo de evento (feira) e o país.
Debe entrar en “Accións Plan Cameral” e logo en “Accións de Promoción”. Terá acceso a un buscador de actividades de promoción que organizan tódalas Cámaras de España no que terá que seleccionar “visita a feiras”.
Este enlace remítelle ao buscador de feiras do ICEX.
Tamén lle pode ser interesante ver informes sobre a feira que seleccione, estes podeos encontrar en:
Estudo dos posibles países aos que imos saírSomos unha empresa TIC situada en Vigo. Tras a concesión dun PIPE, estamos recompilando unha serie de datos sobre países europeos, EEUU e Canadá para facer unhas comparativas previas ao estudo dos posibles países aos que imos saír.
Onde podería atopar os seguintes datos:
Certamente a información que nos solicita é moi ampla, polo que será necesario consultar distintas fontes de información.
Para obter información sobre a poboación activa, a distribución do PIB por sectores e a distribución das tres principais actividades de cada sector, recomendámoslle que visite as páxinas web:
Neste link poderá obter a información económica que desexa de cada un dos países que lle interesa analizar.
A través deste link poderá conectarse cos distintos institutos nacionais de estatística, por se desexa acadar unha información máis detallada sobre a economía de cada un destes países.
A información relativa a telefonía móbil e fixa, así como no que se refire a disponibilidade de computadoras recomendámoslle que consulte:
Nela pode conseguir información actualizada do número de usuarios de teléfonos fixos e móbiles existentes en cada país, así como outros datos moi útiles no sector das TIC’s como por exemplo, o número de fogares con acceso a internet e dentro destes, o número de fogares con banda ancha.
Aquí poderá encontrar información moi detallada sobre a disponibilidade de computadoras e de telefonía fixa e móbil na UE, incluíndo disponibilidade destes aparellos nos fogares e as empresas, tráfico de chamadas e sms, frecuencias no uso de internet, etc.
Para acadar máis información sobre o sector das TIC’s recomendámoslle tamén visitar as páxinas web:
Algunhas destas páxinas están dispoñibles só en inglés. No caso de non ter dominio deste idioma pode empregar a ferramienta de idioma que ofrece google, así pode obter unha idea aproximada do contido da páxina.
Sería recomendable que vira estudos de mercado xa elaborados por entidades públicas, axudaralle a coñecer mellor os seus mercados obxectivos. Os estudos de mercado os pode encontrar nas seguintes páxinas web:
Neste link encóntrase un buscador por sector e país que proporcionaralle documentación sobre estudos de mercado, empresas produtoras e comercializadoras deste tipo de produtos.
Aquí poderá acceder a “estudos de mercados: Cadoex”, para elo terá que iniciar a procura, o cal llevaralle a un buscador no que terá que seleccionar a súa Comunidade Autónoma, Cámara de Comercio, documentación y estudios de mercado camerales, sector, zona geográfica a que se dirixe e o país.
A que países debería dirixirme?A miña empresa fabrica portas de madeira e agora mesmo a situación do mercado nacional obriga a buscar mercados fora de España. A que países debería dirixirme?
A hora de elixir ou seleccionar os mercados aos que conviría dirixir os seus produtos hai moitos factores a ter en conta, tanto da súa empresa como do entorno internacional. Un dato que sempre debe considerar é o volume das importacións mundiais e identificar os principais importadores mundiais do seu produto. Esta información podea encontrar nos links das seguintes institucións:
Este informe ten dúas versións, unha básica (sen custe) e outra detallada (30 €), que vostede seleccionará segundo a súa necesidade. O informe enviaranllo en formato pdf a conta de correo electrónico que vostede indique.
Para obter a información que busca debe de introducir o código TARIC do seu produto (441820) no procurador.
Nesta páxina pode encontrar estatísticas das importacións e exportacións mundiais, asemade os seus datos poden ser transportados a formato Excel ou Word.
Para poder acceder a esta información é necesario rexistrarse previamente, de maneira gratuíta. Cando xa estea rexistrado, debe de introducir o código TARIC do seu produto e non seleccionar ningún país en particular para que lle dean os datos mundiais.
Por outra parte, tamén é de gran utilidade coñecer ata onde se dirixen as exportacións españolas de portas. Esta información pódese obter:
Para acceder a este servizo debe de estar rexistrado, é gratuíto e tamén poderase beneficiar de moitos servizos máis. Debe de acceder ao servizo e, neste caso, seleccionar a estatística de ranking de países (introducindo o seu código TARIC). Tamén ten acceso a outras estatísticas de comercio exterior para poder afondar mais no estudo.
Debe de introducir o código TARIC do seu produto. Pode seleccionar a estatística para diferentes anos; agrupar os datos por países, autonomías e provincias e ordenar os datos por agrupación, peso, valor e número de operacións. Segundo queira profundar no seu estudo.
Asemade, recomendámoslle que se inscriba nos programas:
Estes programas axudaranlle a iniciar o seu proceso de internacionalización.
Gustariamos coñecer ata onde se dirixen as exportacións de España de peixe congeladoSomos unha empresa de pescado conxelado que tras pasar por CONXEMAR decidimos comezar o nosa andaina internacional. En principio o produto que queremos exportar é a cabala conxelada posto que é o noso produto máis competitivo. Gustariamos coñecer ata onde se dirixen as exportacións de España deste produto para facernos unha primeira idea de cáles poderían ser os nosos mercados obxectivos.
Para coñecer ata onde se dirixen as exportacións de cabala conxelada podemos consultar dúas páxinas web:
Para acceder a este servizo debe de estar rexistrado previamente. Este rexistro é gratuíto e poderá beneficiarse de moitos servizos máis que ofrece o ICEX.
Debe de acceder ao servizo, seleccionar a estatística de ranking de países e engadir o código TARIC do seu produto (no caso de non sabelo ten unha ventá de axuda que lle permitirá achalo).
Pode repetir a procura para diferentes anos, obtendo así unha idea aproximada da evolución das importacións e percibir se existe estacionalidade na comercialización deste produto.
Debe de engadir o código TARIC do seu produto e seleccionar exportacións. A estatística pódese obter para diferentes anos; agrupar os datos por países, autonomías ou provincias e ordenar os datos por agrupación, peso, valor ou número de operacións, segundo queira afondar no seu estudo. Ademais tamén poderá ver a evolución das exportacións con respecto a eses países.Cada unha destas páxinas agrupa os datos de forma diferente e ofrece distintas posibilidades de combinar a información.
Quixera coñecer o volume das importacións españolas de mangos e de qué país procedenQuixera coñecer o volume das importacións españolas de mangos e de qué país proceden, dado que son propietario e xerente dunha empresa que se dedica á elaboración de zumes, e dende fai un tempo percibín ca demanda de produtos que conteñen o sabor do mango vai en aumento, polo que estou barallando engadir a miña carteira de produtos un zume elaborado a base de mango e outras froitas tropicais.
Para coñecer o volume das importacións españolas de mango e o seu país de procedencia podemos consultar dúas páxinas web:
Para acceder a este servizo debe de estar rexistrado previamente. Este rexistro é gratuíto y poderá beneficiarse de moitos servizos máis que ofrece o ICEX.
Debe de acceder ao servizo e en primeiro lugar, seleccionar a estatística de balanza comercial comparativa introducindo o código TARIC do seu produto. Isto permitiralle coñecer cal é o volume de exportacións e importacións de mango en España.
Para coñecer os países importadores de mango debe de seleccionar a estatística ranking de países, seleccionar importacións e engadir o seu código TARIC.
Pode repetir a procura para diferentes años, obtendo así unha idea aproximada da evolución das importacións e percibir se existe estacionalidade na comercialización deste produto.
Debe de engadir o código TARIC do seu produto e seleccionar importacións. A estatística pódese obter para diferentes anos; agrupar os datos por países, autonomías ou provincias e ordenar os datos por agrupación, peso, valor o número de operacións. Segundo queira afondar no seu estudo.Cada unha destas páxinas agrupa os datos de forma diferente e ofrece distintas posibilidades de combinar a información.
Necesitamos coñecer os aranceis que teríamos que pagar e outros trámites que deberíamos realizar para importar a España dito produto.Somos unha empresa que se dedica ao comercio maiorista de froitas. Vamos agregar a nosa liña de produtos aguacates frescos. Estamos pensando en importar os aguacates dende México, pero para acabar de tomar esta decisión necesitamos coñecer os aranceis que teríamos que pagar e outros trámites que deberíamos realizar para importar a España dito produto.
Para obter información relativa a alfándegas y máis especificamente, a nomenclatura alfandegueira, dereitos arancelarios ou as inspeccións e controis técnicos que deberá soportar unha mercadoría para a súa entrada na Comunidade Económica Europea, debemos de consultar a páxina web da Axencia Tributaria de España.
Para realizar este tipo de consultas é necesario estar en posesión do certificado de usuario. No caso de que non se dispoña do mesmo, encontrara información no seguinte link coas instrucións que se deben de seguir:
Unha vez que xa teña o certificado de usuario deberá de acceder ao seguinte link:
Deberemos acceder ao apartado “Consulta do Arancel Integrado de Aplicación-TARIC”. Unha vez alí, deberemos introducir o código TARIC do produto, neste caso 0804400010 e iniciaremos a procura. Logo debemos introducir a zoa xeográfica de onde quere importar os aguacates, neste caso México, e pinchar en “arancel”, onde aparecerán tódalas medidas aplicables en España ao aguacate con procedencia de México.
Gustaríame saber que é o código arancelario e como podo coñecer o código para os meus produtos.Teño un pequeno negocio de froitas exóticas e de alta calidade. Ata agora compraba tódolos meus produtos a un maiorista cos importaba dos diferentes países. Estoume plantexando importalos eu directamente, posto que o meu negocio xa creceu o suficiente como para que me compense facelo. Gustaríame saber que é o código arancelario e como podo coñecer o código para os meus produtos.
Os códigos arancelarios, son códigos numéricos que permiten clasificar as mercadorías importadas por un país, para establecer o tipo de dereitos arancelarios que ten que pagar, os trámites documentais, as medidas especiais e outros requisitos que se lle vai a esixir á mercadoría importada ou exportada dende ese país. Só coñecendo o código arancelario é posible obter toda esta información. Polo tanto, o primeiro paso, imprescindible para determinar os requisitos alfandegueiros que deben cumprir as mercadorías nas transaccións internacionais é identificar o seu código arancelario.
Tódolos países membros da Organización Mundial do Comercio (OMC) empregan os mesmo códigos, a denominada Nomenclatura do Sistema Armonizado (NSA), que vai clasificando as mercadorías en códigos de 6 díxitos, pero a partir do sexto díxito cada país pode desenrolar máis detalladamente esta clasificación para diferenciar mellor as diferentes mercadorías obxecto de comercio. Isto é o que fai a Comunidade Económica Europea a través do denominado sistema TARIC.
O TARIC clasifica as mercadorías en de códigos de 10 díxitos, asociando ademais a cada código as disposicións arancelarias e de política comercial que afectan a ese tipo de mercadoría. Deste modo o TARIC recolle tódala normativa aplicable a un produto determinado cando isto se importe no territorio alfandegueiro da Comunidade Económica Europea, ou tamén cando sexa exportado.
Se desexa coñecer máis sobor o funcionamento dos códigos TARIC pode visitar a seguinte páxina web:
Para identificar cal é o código TARIC dos produtos que Vd. desexa importar pode empregar a seguinte páxina web:
O código que corresponde ao seu produto poderá procuralo por dúas vías, descrición ou código. Se opta por facelo a través do código terá que ir desglosando as seccións, capítulos, partidas y subpartidas ata chegar ao seu produto. Se prefire facelo a través da descrición deberá de introducir simplemente o nome do seu produto e logo ir desglosando a maior nivel de precisión, o que normalmente lle resultará máis fácil. Ademais, desta información terá información acerca dos dereitos de alfándega dese produto, sen embargo, dende esta páxina non terá acceso a información sobor outros trámites e requisitos aos que está suxeita a importación desa mercancía.
A información completa sobor toda a normativa alfangueira que debe cumprir para levar a cabo o produto determinado cando se importe no territorio aduaneiro da Comunidade Económica Europea pode encontrarse na seguinte páxina web:
Aquí poderá atopar, ademais da clasificación arancelaria e os dereitos arancelarios que tería que pagar a mercancía importada, tamén información sobor outros impostos que se devengan no momento da importación (IVA, impostos especiais, etc.), controis e inspeccións técnicas as que deberá someterse antes de autorizar a súa importación (controis, sanitarios, fitosanitarios, veterinarios, de calidade comercial, etc.).
Para usar está páxina é necesario estar en posesión do certificado de usuario. Tamén teríamos información sobor os dereitos arancelarios e outras medidas.
En que elementos de análise debemos basearnos para unha boa elección de “axentes con exclusividade” no mercado de México?En que elementos de análise debemos basearnos para unha boa elección de “axentes con exclusividade” no mercado de México, sendo a nosa empresa unha PEME pontevedresa de fabricación e distribución de pezas e compoñentes de sistemas eléctricos?
Independentemente do mercado obxectivo, os criterios a ter en conta para a elección dun canal de distribución, neste caso en México, son os seguintes:
- posición na cadea de distribución
- antigüidade da actividade
- cota de mercado
- evolución da cifra de negocios
- solvencia financeira e/o persoal
- capacidade de compra ou capacidade de acceso a volumes de compra
- tipoloxía de clientes: perfil
- imaxe / reputación no sector
- gama de produtos que comercializa ou representa
- recursos humanos que aplica e/ou aplicaría: número de persoas
- emprazamento xeográfica: proximidade a usuarios e/ou clientes
- rede e medios dispoñibles: ventas / loxística
- custo da elección desta alternativa (comisión ou marxe do distribuidor)
Esa información a pode atopar a través dos estudos de mercado que realizan o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), as Cámaras de Comercio e a información que lle poida subministrar a Oficina Económica e Comercial Española en México:
Neste link encóntrase un buscador por sector e país que lle proporcionará documentación para seleccionar o canal de distribución.
Deberá de acceder a “estudos de mercados: Cadoex”, logo terá que iniciar a procura, o cal lle levará a un buscador no que terá que seleccionar a súa Comunidade Autónoma, Cámara de Comercio, documentación e estudos de mercado camerais, sector, zoa xeográfica a que se dirixe e o país.
Como podería identificar provedores neses países?Teño unha empresa de confección de artigos de pel e ata agora viña comprando a materia prima a unha empresa comercializadora española, pero a verdade, cada vez fáiseme máis difícil vender os meus produtos porque os meus clientes quéixanse dos seus prezos. Por elo, plantéxome importar eu directamente a materia prima dende China ou India, porque cónstame que de aí proceden os produtos máis baratos. Como podería identificar provedores neses países?
Para identificar provedores desa zona, así como para coñecer datos deses países é moi interesante a información que proporcionan os estudos de mercado produto-país. Hai varios organismos que subministran esa información:
Neste link atópase un buscador por sector e país que lle proporcionará documentación sobre empresas produtoras e comercializadoras deste produto.
Deberá de acceder a “estudos de mercados: Cadoex”, logo terá que iniciar a procura, o cal lle levará a un buscador no que terá que seleccionar a súa Comunidade Autónoma, Cámara de Comercio, documentación e estudos de mercado camerais, sector, zona xeográfica a que se dirixe e o país.
Por outra parte debería de contactar coa oficina comercial de España en China e India, onde lle poden subministrar listados de exportadores de pel actualizados:
Para máis información pode visitar as seguintes webs sobre o sector nos países de orixe:
Estas páxinas están dispoñibles en inglés. No caso de non ter dominio dese idioma pode empregar a ferramenta de idioma que ofrece google, podendo obter unha idea aproximada do contido da páxina.
Modelo de Contrato por Asesoria Empresas InternacionalesLa gestión y trámite del proceso de adjudicación, contratación y cancelación con entidades públicas se trata de una prestación de servicios que se puede ajustar bien a la figura de contrato de comisión, bien al de agencia. Las diferencias que existen entre estos dos tipos de contrato las puede consultar en la sección de modelos de contrato internacional del portal byGalicia, siendo la más importante que en el contrato de agencia la relación entre los contratantes es duradera y en el de comisión es puntual, para una sola operación. La elección de una u otra figura dependerá de la relación que se desea establecer con el cliente, si estable y duradera (agencia) o puntual y limitada a una operación concreta (comisión).
En el ámbito internacional, el tipo concreto de contrato de agencia o de comisión a utilizar va a depender del país en el que desarrollemos la actividad. Existen algunos países dónde la ley nos obligará a utilizar un modelo establecido de contrato, y en otros existirá más libertad contractual. En cualquier caso hay que tener en cuenta que la contratación internacional comporta una serie de riesgos adicionales a la contratación en el ámbito nacional y que es necesario conocer estos riesgos y en la medida de lo posible, para intentar cubrirse frente a ellos. La elaboración de un contrato adecuado es una de las formas de cobertura que existen. Por ejemplo, para cubrirnos del riesgo de impago por la otra parte, podemos introducir en el contrato garantías o cláusulas de penalización por incumplimiento.
Puede acceder a información complementaria en el servicio “Pasaporte al Exterior” del ICEX, concretamente en el epígrafe 10.2 sobre contratación internacional. También el Plan Cameral, dentro de sus guías online de apoyo al exportador, cuenta con una guía de asesoramiento en contratación internacional, en la que se responden las dudas más frecuentes relativas a este ámbito. Adicionalmente, existe un directorio de modelos de contratos internacionales en Juris Internacional.
Necesito informacion para participar nas feiras organizadas na súa rexiónCon referencia á súa consulta relativa á celebración de feiras
relacionadas coa artesania e a decoración, remitimoslle adxunta a
información seguinte:
Como podo iniciarme na internacionalización, que riscos supón?

