ByGalicia.
  • busqueda avanzada
  •   

O meu portal

Information > Help > Rexistro de usuarios e empresas

  • Click here to tip a friend about this page!
  • Copy and paste this link into your RSS news reader.

Rexistro de usuarios e empresas

Para poder acceder a tódolos servizos e funcionalidades de byGalicia, é necesario que o usuario se rexistre no portal. Un usuario pode, ademais, rexistrar unha empresa no portal para, por exemplo, usar o escaparate de empresas o xestionar ofertas de traballo.
Para acceder o rexistro o usuario atopará un ligazón na caixa de login.

imaxe dunha páxina marcando a ligazón acceso usuarios

Premendo na ligazón acceso usuario, accede a páxina de login de debaixo do formulario atópanse instrucións para o rexistro.

O proceso de rexistro consiste en tres fases ben diferenciadas: recollida de datos persoais do usuario, recollida de datos da empresa e activación de servizos.

Recollida de datos personais

Nesta fase solicítanse os datos persoais do usuario (nome, apelidos, NIF, dirección , etc)

imaxe mostrando parte do formulario de datos personais do proceso de rexistro

O usuario debe especificar neste formulario se desexa rexistrar unha empresa marcando ou desmarcando o recadro correspondente (no caso de que non marque o  recadro poderá rexistrar unha empresa máis tarde). Ademais é importante que o usuario lea e acepte a política de privacidade.

imaxe mostrando recadros para indicar rexitrar empresa e politica de privacidade
Despois de encher os datos e verificar que son todos correctos o usuario debe premer o botón Enviar.
O usuario poderá modificar estes datos sempre que o desexe accedendo a páxina de Datos do usuario na sección o meu portal.

Recollida de datos da empresa

Se o usuario desexa rexistrar unha empresa, solicitaranse os datos da empresa nesta fase.
En primeiro lugar solicitase o CIF da empresa, esto faise para determinar se a empresa xa aparece na base de datos de empresa de byGalicia.

imaxe do formulario de solicitude de CIF da empresa

Se a empresa xa foi rexistrada no portal con anterioridade, solicitase o código de empresa.
O  código de empresa e un código de 15 letras e números que foi xerado a primeira vez que se rexistra unha empresa e que se lle envía o usuario que a rexistrou.
É moi importante que esa gardado xa que é necesario se algún outro usuario desexa asociarse á empresa e ademais acredita que o usuario que posúe o código, é o usuario que rexistrou a empresa.
Solicitase o código soamente no caso de que a empresa xa estivera rexistrada.

imaxe do formulario de solicitude de codigo de empresa

A continuación o usuario procederá a encher os datos da empresa. A recollida de datos da empresa divídese en tres partes: datos básico, datos de exportación e datos do directorio.

  • Datos básicos :  Solicítanse datos como o CIF da empresa, dirección, etc.imaxe do formulario de datos básicos da empresa
  • Datos de exportación: Deberase indicar se a empresa é exportadora, , en caso afirmativo a que países exporta e cantos anos leva facéndoo.imaxe do formulario de datos de exportacion da empresa
  • Datos para o directorio : Aquí o usuario especifica se desexa que a empresa apareza no directorio de empresas. En caso afirmativo, deberá especificar en que especialidades (máximo 3) desexa que apareza a súa empresa.imaxe do formulario de datos da empresaa para o directorio

En cada unha das pestanas descritas, o usuario debe comprobar que os datos introducidos son correctos e premer no botón Enviar. O usuario poderá modificar estes datos sempre que o desexe accedendo a páxina de Datos da empresa na sección o meu portal.

Activación de servizos

Nesta fase mostrase ao usuario un listados de servizos que pode activar se así o desexa.

Algúns destes servizos requiren validación por parte do administrador do portal e outros son activados directamente.

imaxe que mostra a páxina de activación de servizos

 O usuario debe marcar os recadros do servizos que desexa activar e premer no botón de Enviar.

Cando o administrador decida conceder os servizos que requiren validación, o usuario recibirá unha notificación vía correo electrónico.

Na páxina de os meus servizos na sección o meu portal  poderá consultar o estado dos seus servizos e facer novas solicitudes.

Unha vez rematada a solicitude de servizos termina a recollida de datos . O usuario recibirá no seu correo electrónico un código de activación e instrucións para completar o proceso de rexistro.

Completar o proceso de rexistro

Para completar o proceso de rexistro, o usuario debe seguir as instrucións recibidas no correo. E dicir, debe acceder a páxina de confirmación do rexistro e introducir o seu login e o código de usuario nos seguintes 30 minutos.

No correo tamén recibirá un código de empresa se rexistrou a empresa, debe recordar gardalo.

imaxe formulario de cofirmacion de rexistroSe o código introducido é o correcto termina o proceso de rexistro e o usuario xa está activo. O usuario poderá acceder agora o portal introducindo o seu nome de usuario e contrasinal na caixa de login.imaxe da mensaxe de rexistro completado