
O Comercio Exterior Galego experimentou un lixeiro retroceso durante o ano 2008, como consecuencia da crise que afectou á maior parte dos países que compón a economía mundial.
O valor das exportacións galegas no ano 2008 alcanzou a cifra de 15.614 millóns de euros (un 2,41% inferior ao ano anterior), mentres que as importacións representaron 15.462 millóns de euros (un descenso do 6,71% respecto ao ano 2007). Isto supuxo un superávit de 152 millóns de euros na nosa balanza comercial e unha taxa de cobertura positiva do 101%, que contrasta co elevado déficit exterior español (33%).
Aínda a pesar do adverso contexto económico no que actualmente está envolvido o comercio e a economía mundial, hai que sinalar que durante os últimos 5 anos as importacións galegas alcanzaron un crecemento acumulado 41% e as exportacións, máis dinámicas aínda, o 49%, practicamente o dobre da taxa de crecemento do comercio exterior español neste mesmo período de tempo (28%).
Desde o punto de vista sectorial o crecemento das nosas exportacións foi practicamente xeneralizado. De feito, se excluímos da análise o sector do Automóbil cuxas exportacións reducíronse nun 30,4 %, as exportacións galegas incrementáronse un 12,7% no ano 2008, manifestando a crecente competitividade da nosa industria nos mercados internacionais. Estes datos tamén reflicten a extraordinaria importancia que este sector ten no noso comercio exterior; nembargante hai que sinalar que o seu peso porcentual foi decrecendo paulatinamente durante os últimos anos, pasando de representar o 43,8% das exportacións do ano 2004, a só o 25,1% no 2008. Un claro reflexo da crecente de diversificación do noso comercio exterior.
Dentro dos sectores que manifestaron un maior dinamismo exportador destacan, xunto a algúns dos máis tradicionais na exportación galega, como os téxtiles que crecen un 17% ou os derivados do petróleo que crecen un 38%, outros máis novos na exportación e de alto contido tecnolóxico, como sería o caso da Maquinaria Industrial, cuxas exportacións crecen un 17%, e os Equipos de Telecomunicacións que crecen un 60% respecto ao ano anterior, reflectindo a importante aposta tecnolóxica realizada pola economía galega.
Este esforzo a favor da diversificación tamén se manifesta no ámbito xeográfico, xa que aínda que o comercio exterior galego se atopa altamente concentrado nos países da Unión Europea, que representaron o 76% das nosas exportacións e o 54% das nosas importacións no ano 2008; non é menos certo que a dependencia comercial de Europa foi diminuíndo nos últimos anos; pois fai só 5 anos a Unión Europea representaba máis do 80% das nosas exportacións e un 68% das nosas importacións. Neste sentido, destacan especialmente os mercados de Francia e Portugal, que representaron no ano 2008, un 35% e un 15% da exportación e un 18% e un 14% das nosas importacións respectivamente.
A miña empresa elabora conservas de pescado e mariscos de alta calidade. Temos distribuidores en New York e agora queremos ampliar a nosa presenza en Estados Unidos, polo que estamos procurando distribuidores en Miami. Como poderíamos localizar distribuidores nesa zona?
Existen varias fontes de información aos que pode recorrer para atopar listados de importadores e distribuidores de produtos gourmet nesa zona:
Nestes links atópase unha amplia documentación acerca dos produtos gourmet e das conservas de pescado e marisco, respectivamente, nos EE.UU. Neles aparecen listados de distribuidores e importadores de EE.UU. É convinte que revise tamén os estudos de mercado, notas sectoriais e informes das feiras, xa que conteñen anexos con importadores e distribuidores.
ページを訪問すると Preguntas máis comúns 私たちに質問を送信できます。