ByGalicia.
  • 高度検索
  •   

O meu portal

情報 > 利用規約

  • このページのリンクを友達に送信するにはここをクリックしてください
  • このリンクをコピーしてあなたのRSSリーダーにペーストしてください。

利用規約

A Consellería de Innovación e Industria é titular do dominio de internet de segundo nivel www.bygalicia.eu, ao igual que dos dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos.

Con estas páxinas pretendese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos que by Galicia pon, con carácter informativo, a disposición dos usuarios para un uso persoal e gratuíto.

Mediante este documento establécense as Condicións Xerais ao acceso e/ou utilización por parte dos usuarios do sitio web www.bygalicia.eu . Así mesmo lle indicamos que o acceso e/ou o uso deste sitio web atribúe a quen o realiza a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente a sen reserva algunha, as presentes Condicións Xerais de Uso do sitio web, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos ou contidos do sitio web, as cales entenderanse aceptadas polo propio uso de tales servizos.

Ademais, as presentes Condicións Xerais de uso expóñense con carácter permanente no sitio web titularidade da Consellería de Innovación e Industria www.bygalicia.eu podendo todo usuario archivalas, imprimilas e, por tanto, estar previamente informado das condicións de uso do sitio web.

Condicións de acceso, uso e utilización do portal

O acceso ao sitio web www.bygalicia.eu e aos seus servizos é de carácter gratuíto e non conleva a obrigatoriedade de inscrición ou rexistro do usuario, esta tan só será necesaria para acceder aos contidos e servizos exclusivos que byGalicia pon a disposición dos usuarios rexistrados. Así mesmo, as presentes condicións reitéranse cando un usuario se rexistra no sitio web a través do formulario que existe ao efecto para a súa aceptación expresa, mediante un clic de "Leo e acepto as condicións de uso e privacidade do sitio web". Non é tecnicamente posible que o usuario poida finalizar o rexistro como usuario en www.bygalicia.eu sen que se leve a cabo a aceptación das presentes Condicións Xerais.

A Consellería de Innovación e Industria resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no seu sitio Web, da configuración e presentación desta e das Condicións Xerais de Uso.

As condicións de acceso e uso do sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio da boa fe comprometéndose o usuario a realizar un bo uso do sitio web. Quedan por tanto prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito a intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.

Expresamente e sen carácter taxativo prohíbense os seguintes:

  • realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de byGalicia ou a terceiros.
  • realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, ou envío de correos masivos non solicitados ("spaming") dirixidos as contas de correo utilizadas nesta web ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing")

Así mesmo queda expresamente prohibida a utilización de programas deseñados có fin de causar problemas ou ataques a rede. Tamén queda expresamente prohibido intentar poñer a proba a seguridade dos servidores realizando calquera tipo de entrada ou acción que non resulte estritamente necesaria para o disfrute por parte do usuario.

A Consellería de Innovación e Industria poderá interromper en calquera momento o acceso ao sitio web se detecta un uso contrario a legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais -ver cláusula de exención de responsabilidade.

Os usuarios que accedan a este sitio web están expresamente autorizados para a visualización de toda a información, a impresión e descarga parcial do contido do sitio Web só e exclusivamente se concorren as seguintes condicións:

  • que sexa compatible cos fins do sitio web.
  • que se realice co exclusivo ánimo de obter a información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais ou para a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.
  • que ningún dos contidos relacionados neste sitio web sexan modificados de xeito algún.
  • que ningún gráfico, icono ou imaxe dispoñible neste sitio web sexa utilizado, copiado ou distribuído separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan.

Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparezan no sitio web son propiedade da Consellaría de Innovación e Industria, sen que poda entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribuía ao usuario dereito algún sobre os mesmos.

Obxecto do sitio web www.bygalicia.eu

O sitio web www.bygalicia.eu foi creado co obxectivo de implantar unha ferramenta chamada portal de internacionalización das empresas galegas, que centralizará a información relevante relativa ao comercio exterior e a os procesos de internacionalización. De esta forma facilitase ao usuario toda a información que byGalicia inclúe directamente ou a través das correspondentes ligazóns ou links.

Contidos

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais.

Os contidos incorporados no sitio web www.bygalicia.eu foron elaborados e incluídos por:

  • A Consellería de Innovación e Industria utilizando fontes internas e externas, de tal modo que a Consellería de Innovación e Industria unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.
  • Os usuarios, a través de colaboracións ou introdución voluntaria de contidos, sendo estes os únicos responsables dos mesmos e quedando expresamente exenta a Consellería de Innovación e Industria de toda responsabilidade que se poida derivar dos mesmos.
  • Persoas físicas e xurídicas axeas a Consellería de Innovación e Industria, ben a través de colaboracións que se introducen directamente no sitio web, ben a través de enlaces ou links, sendo estes os únicos responsables dos contidos así introducidos e quedando expresamente exenta a Consellería de Innovación e Industria de toda responsabilidade.

A Consellería de Innovación e Industria non garante a inexistencia de erros, exactitude ou actualidade dos contidos relativos a información ofrecida por terceiros alleos e queda expresamente exenta de todo tipo de responsabilidade polos danos e perxuizos que poidan derivarse da falta ou errores nas características da información que poidan ofrecer eses terceiros. A Consellería de Innovación e Industria levará a cabo, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falla de actualización nos contidos, todas aquelas labores tendentes a subsanar os erros, restablecer a comunicación ou actualizar os contidos.

O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web de www.bygalicia.eu non realizará un uso ilegal ou contrario a boa fe das informacións e servizos postos a disposición no referido sitio web, concretamente o usuario que introduza un hiperenlace ou link comprometese a:

  • Non destruír, danar ou alterar de calquera forma os contidos, servizos ou produtos postos a disposición do usuario no sitio web www.bygalicia.eu.
  • Non declarar que a Consellería de Innovación e Industria asume a supervisión do hiperenlace ou dos contidos da propia web do usuario que introduce un link ao sitio web de www.bygalicia.eu no seu propio sitio web. A Consellería de Innovación e Industria non será responsable en ningún caso dos contidos e da información da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou link ao sitio web de byGalicia.
  • Non incluír no seu propio sitio web a marca, nome comercial ou calquera signo distintivo pertencente a byGalicia sen previa autorización.

Protección de datos

  • Información ao usuario da existencia dun ficheiro e solicitude do consentimento para o tratamento automatizado dos seus datos persoais: En relación cos datos de carácter persoal facilitados polo usuario no formulario de rexistro en www.bygalicia.eu, a Consellería de Innovación e Industria cumpre estritamente a normativa vixente establecida na Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais lexislación que a desenvolve e informa ao usuario de que os referidos datos serán incluídos dentro de un ficheiro para o seu tratamento automatizado prestando o usuario o consentimento mediante a aceptación destas condicións xerais a dito tratamento. Neste senso e ao tenor do artigo 20.1º da devandita lei que dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou no diario oficial correspondente publicase a Orde do 3 de agosto de 2007 (DOGA nº 155, do 10 de agosto de 2007) pola que se crean os ficheiros de datos de carácter persoal correspondentes ao desenvolvemento do portal de internacionalización byGalicia da Consellería de Innovación e Industria.
  • Finalidade dos datos: A Consellería de Innovación e Industria recolle determinados datos persoais que son introducidos polo usuario libremente coa finalidade de poder acceder os servizos personalizados que www.bygalicia.eu pon a disposición do usuario, así como contestar e identificar as peticións realizadas por este. A Consellería de Innovación e Industria informa que xestionará automatizadamente estes datos para a administración, ampliación e mellora dos seus servizos. En todo caso, os datos recollidos e tratados pola Consellería de Industria son unicamente os básicos para as finalidades sinaladas anteriormente.
  • Obrigatoriedade da introdución dos datos: Para acceder ao sitio web www.bygalicia.eu non é necesario aportar ningún dato. Sen embargo, para realizar solicitudes de información ou realizar a inscrición na área personalizada se é necesario que o usuario aporte datos no formulario existente no sitio web para as finalidades anteriormente descritas. Os campos nos que figure un asterisco(*) son aqueles que requiren unha resposta obrigatoria. De non ser cubertos a consecuencia consiste na imposibilidade de prestar o servizo que se pretende contratar ou a imposibilidade de enviar a solicitude de información.
  • Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: O usuario que introduza os seus datos persoais nos formularios de alta terá pleno dereito de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento solicitándoo a Consellería de Innovación e Industria, ou por correo postal a: edificio administrativo de San Caetano 15781 Santiago de Compostela. En todo caso, a Consellería de Innovación e Industria comprometese a cancelar os datos persoais recabados cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para as finalidades polas que foron recollidas.
  • Responsable do Tratamento: O órgano responsable do ficheiro e a Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
  • Cesión de datos: Non existe ningunha cesión ou transferencia de datos a terceiros.
  • Seguridade: A Consellería de Innovación e Industria asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais recollidos e por iso adoptáronse medidas de seguridade a fin de evitar a alteración, perdida, tratamento ou acceso non autorizado, e garantir así a súa integridade e seguridade. Sen  embargo a Consellería de Innovación e Industria non será responsable das incidencias que podan surxir en torno aos datos persoais cando estas deriven: ben de un ataque ou acceso non autorizado aos sistemas de tal forma que resulte imposible detectalo ou impedilo aínda adoptándose as medidas segundo o estado da tecnoloxía actual, ou ben dunha falta de dilixencia do usuario en canto a garda e custodia das súas claves e datos persoais.
  • Utilización de cookies: As cookies que utiliza a web www.bygalicia.eu son anónimas e non se refiren aos datos persoais do usuario nin se pode acceder mediante as mesmas en ningún caso aos datos que o usuario poida ter no seu disco duro. A identidade do usuario nunca é insertada directamente na cookie e polo tanto non é interceptable. As únicas cookies non anónimas, é dicir, que permiten a identificación, so poderanse asignar previa autorización do usuario cando desexe ter información inmediata para acceder a áreas restrinxidas do sitio web sen que o usuario inserte manualmente as súas claves. En todo caso, se o usuario desexa que non se instalen esas cookies ten a posibilidade de configurar o seu navegados para impedilo sen que se produza ningunha alteración ou modificación no uso do sitio web.
  • Veracidade dos datos: O usuario é responsable da veracidade dos seus datos, comprometéndose a proporcionar á Consellería de Innovación e Industria datos de contacto exactos e veraces e que os mesmos sexan actualizados e corrixidos sempre que sexa necesario. Nestes datos incluíranse o nome completo, a dirección postal, a dirección de correo electrónico, número de teléfono e lingua preferida. A Consellería de Innovación e Industria pon a disposición do usuario tódolos medios que poida para que se poda proceder á modificación dos seus datos. Permítese realizar esta modificación dende a área única privada e segura que ten o usuario en www.bygalicia.eu e a que se pode acceder mediante as claves obtidas co rexistro de usuario; de aí que o usuario deba ser especialmente dilixente na garda e custodia desas claves. O usuario manifesta que cando non introduza seus datos persoais senón os de un terceiro está autorizado por este para a súa introdución. Cando o usuario facilite de forma intencionada información inexacta ou falsa, ou ben cando de forma non intencionada non corrixa nin actualize a información facilitada no seu momento á Consellería de Innovación e Industria, ou non responda nun prazo de 15 días naturais ás preguntas dos administradores de byGalicia con respecto á veracidade dos datos de contacto asociados o seu rexistro, os administradores do  sitio web poderán cancelar o rexistro dese usuario.
  • Spamming ou envío de correos non solicitados: Os administradores do portal www.bygalicia.eu  son absolutamente contrarios á práctica de spamming e nunca realizan este tipo de condutas. Os administradores de byGalicia  unicamente envían información  aos correos electrónicos facilitados por aqueles que se haxan rexistrado como usuarios en  www.bygalicia.eu  e, polo tanto, aceptando as presentes Condicións Xerais e a súa política de protección de datos para o envío desta información. Os administradores do portal  www.bygalicia.eu  tampouco permitirán o uso de estas prácticas por parte do usuario, procedendo á anulación do permiso ós contidos restrinxidos do portal.  

Cláusula de exención de responsabilidade

A Consellería de Innovación e Industria non será responsable dos erros, retraso no acceso, retraso no sistema ou calquera anomalía que poida surxir en relación con problemas de carácter xeral na rede internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e polo tanto axea a boa fe. A Consellería de Innovación e Industria comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo tódolos medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solventar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Así mesmo a Consellería de Innovación e Industria non se fará responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garante que o sitio web este en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables á mesma ou que esta non poida resolver cos medios que estean ó seu alcance, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e polo tanto a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que este prohibida pola lei. A Consellería de Innovación e Industria queda facultada por medio das presentes condicións xerais de uso, a partir do momento no que teña coñecemento evidente da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e restrinxirlle o acceso ao usuario aos contidos restrinxidos do sitio web. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados directamente polo usuario ante xulgados ou outros organismos, asumindo este tódolos gastos, custos e indemnizacións que, no seu caso, poida asumir a Consellería de Innovación e Industria se a reclamación é dirixida contra esta. Así mesmo, a Consellería de Innovación e Industria colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento evidente de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita, especialmente no ámbito de contidos introducidos polo usuario que poidan vulnerar dereitos ou intereses lexítimos da Consellería de Innovación e Industria ou de terceiros.

O usuario será responsable da seguridade e confidencialidade das claves coas que accede a súa área privada que lle son outorgadas ao rexistrarse como usuario debendo gardalas en lugar seguro co fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados.

O acceso a este Sitio Web e o uso que poida facerse da información contida no mesmo é da única e exclusiva responsabilidade do usuario. A Consellería de Innovación e Industria non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puideran derivarse de dito acceso ou uso da información. A Consellería de Innovación e Industria non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar ao sistema informático do usuario (hardware e software), os ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presencia de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión aos servizos e contidos da web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

O usuario responsabilizarase de realizar todas as actuacións que lle sexan requiridas coa dilixencia debida. Con carácter especial, o usuario debe ser dilixente no que se refire á actualización e veracidade dos seus datos persoais, fundamentalmente do correo electrónico sinalado no formulario de rexistro de usuario como vía principal de contacto coa Consellería de Innovación e Industria.

A Consellería de Innovación e Industria non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter feramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Comunicacións

Os administradores do Sitio Web www.bygalicia.eu  e o usuario acordan comunicarse e notificarse tódalas incidencias que se produzan no servizo, preferentemente e previa a calquera outra vía de comunicación, mediante correo electrónico. O correo de By Galicia para estas comunicacións será info@bygalicia.eu  e o do usuario será o facilitado no formulario de rexistro en www.bygalicia.eu. O usuario comprometese a ter operativo este correo electrónico e a modificalo dende a súa área privada se fose necesario para continuar recibindo as comunicacións. En todo caso, se sucedese calquera problema urxente ou fallo na anterior comunicación, as comunicacións realizaranse mediante teléfono, fax, correo postal ou calquera outro medio adecuado ao fin que se persiga. Sen embargo, a vía de comunicación preferente é a do correo electrónico, quedando exenta a Consellería de Innovación e Industria de todo tipo de responsabilidade que se poida derivar pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realizan.

Dereitos de propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual do Sitio Web www.bygalicia.eu , o seu deseño, estrutura de navegación, ordenación e presentación, bases de datos, código fonte e programación, texto, gráficos, logotipos, imaxes, e os distintos elementos nel contidos son titularidade da Consellería de Innovación e Industria, a quen lle corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos aportados por terceiros é da exclusiva responsabilidade dos mesmos.

Respecto ás citas de produtos e servizos de terceiros que, no seu caso poidan aparecer, a Consellería de Innovación e Industria recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

A utilización non autorizada da información contida no Sitio Web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial que poidan corresponder a Consellería de Innovación e Industria dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Recomendacións de acceso

Procurase que a presentación de todos os contidos e funcións esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, Safari, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 1024 x 768 pixels e 1280 x 1024 pixels.

Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Especificamente están suxeitas ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal; a Lei 32/2003 de 3 de novembro Xeral de Telecomunicacións e a Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico.

Todas aquelas cuestións que puideran suscitarse con motivo da interpretación, execución ou eventual incumprimento das presentes Condicións Xerais, os usuarios e a Consellería de Innovación e Industria e intervintes, con renuncia expresa ó seu foro propio, e con independencia do lugar onde se suscite calquera disputa entre os mesmos, sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

Varios

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e se interpretaran tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións.

O presente documento realizase unicamente en galego e español.