Automoción

- AUTOMOCIÓN
O sector do automóbil representa en Galicia arredor do 18% do PIB industrial e en torno ao 35% das súas exportacións.
A importancia deste sector propiciou que en 1997 se constituíse o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA). O número de empresas asociadas ao clúster é actualmente de 76, dando emprego a máis de 14.700 persoas cunha facturación estimada de 2.645 millóns de euros no 2006.
Naval

- NAVAL
O sector naval xera en Galicia 3.500 postos de traballo directos nos estaleiros e 6.500 empregos indirectos nas industrias auxiliares do sector.
A industria naval galega está a incidir na mellora tecnolóxica e na construción de buques máis sofisticados e complexos.
Audiovisual

- AUDIOVISUAL
Como actividade industrial, o sector audiovisual é un sector altamente complexo.
En Galicia conta con 150 empresas e proporciona traballo a máis de 3.000 persoas, xerando un volume de negocio anual superior aos 200 millóns de euros.
Téxtil e moda

- TÉXTIL E MODA
O sector téxtil-confección en Galicia (Industria Téxtil e Industria da Confección e Peletería) conta con máis de 1.800 empresas e máis de 18.500 empregos directos afiliados en alta laboral que proporcionan en torno a un 10% do PIB industrial de Galicia.
O sector téxtil-confección é ademais o segundo sector que contribúe en maior medida ao dinamismo da balanza de pagos do comercio exterior en Galicia, con case o 14% das exportacións contabilizadas no noso país.
Produtos do mar

- PRODUTOS DO MAR
O sector pesqueiro –que engloba todas as actividades relacionadas coa pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura- continúa sendo un dos primeiros axentes da economía galega.
Pola súa parte a industria conserveira en Galicia conta con 67 empresas que facturan máis de 967 millóns de euros e xeran 12.050 postos de traballo. É un sector posicionado internacionalmente que contan con marcas e distribución consolidadas.
TIC e electrónica

- TIC E ELECTRÓNICA
O sector TIC en Galicia pertence a ese grupo de industrias cun gran potencial de desenvolvemento na nosa comunidade debido ao gran incremento de mercado que vai producirse nos vindeiros anos. Actualmente o volume de negocio deste sector en Galicia ocupa o 5º lugar por orde de importancia a nivel nacional.