ByGalicia.
  • busqueda avanzada
  •   

Oportunidades de negocio

Oportunidades de negocio > Galicia en cifras

  • Prema aquí para enviar unha ligazón con esta páxina a un amigo
  • Copie e pegue esta dirección no seu lector de RSS.

Galicia en cifras

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo… Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade é tan grande como queiras…
Vicente Risco [1884-1963], escritor

O PAÍS DO FINISTERRAE

Ao carón do Océano Atlántico, no extremo occidental de Europa hai un país verde  e azul. Aquí foi onde os gregos situaron a fin do Mundo Antigo e onde Homero dicía que o sol completaba a súa volta, para rexurdir por oriente co novo día.

Situada ao sur do Mar Cantábrico, dende sempre vencellado aos Celtas e ao norte do sempre desputado espazo do Mediterráneo, Galicia forxou unha cultura na encrucillada destes dous mundos.

Ao norte de Portugal, no noroeste de España hai un pequeno país ateigado de contrastes e sorpresas a cada volta do camiño. Velaquí un país cun fondo inesgotable de experiencias.

TRADICIÓN E INNOVACIÓN

Os galegos somos falangueiros e é común que ao entrar en conversación con nós, o visitante acabe por falar de si mesmo, do seu país, do seu traballo.

A nosa vida xira tamén ao redor do traballo. Partindo dunha tradición agrícola e pesqueira, hoxe modernizada, os galegos levantamos industrias baseadas nos recursos propios, pero tamén na innovación e a creatividade.

O canto de tódolos paxaros de Galicia suspendeuse un intre ao contemplar tanto futuro diante
X. L. Méndez Ferrín [1938], escritor

COA FORZA DO ABRENTE

Galicia está a vivir un período excepcional na súa historia. Dende 1981 os galegos contamos cun parlamento e cun goberno elixidos na pluralidade, nun marco político que nos confire amplos poderes dentro do Estado Español.

Ata 1980 Galicia foi un país de adeuses. Non podía ser doutro xeito nunha terra da que emigraron 2.500.000 de persoas só en século e medio (1836-1980), cifra que practicamente iguala a da actual poboación.

Pero o noso país acolle paseniñamente o seu retorno dende 1980, grazas ao desenvolvemento económico que posibilita xa unha nova presenza internacional de Galicia.

POR QUE GALICIA?

Que é o que ofrece Galicia? Cales son as oportunidades que ofrece para ti?

Coñece da man de byGalicia un pouco máis a nosa terra, poderás atopar nesta sección toda a información que che cómpre para te decidires a investir en Galicia.

Descubrirás un lugar cheo de oportunidades, en crecemento, cunha industria cualificada e unha chea de factores interesantes máis.

Ofrecémosche toda a información, tanto xeográfica, cultural, económica, financeira, etc...

Ven con nós! Imos coñecer Galicia!