Oportunidades de negocio > Oportunidades comerciais
Unha das formas de acceso a mercados exteriores é a de aproveitar as oportunidades comerciais que veñen do exterior. Abrir novas liñas de negocio no estranxeiro pode aportar grandes beneficios á nosa empresa, polo que debemos estar preparados e dispostos a afrontar o reto.
Coa intención de axudarche na procura de provedores e clientes no estranxeiro, byGalicia proponche que analices as ofertas e demandas de negocio no exterior que se publican neste portal.
Outro xeito de acceder a mercados exteriores é o de presentarse a licitacións públicas internacionais e conseguir contratos coas administracións doutros países. Neste tipo de operacións é moi importante coñecer os procedementos da administración e valorar o risco do país para, en base a iso, analizar a viabilidade da operación.
Dentro das oportunidades de negocio con financiamento multilateral poderás atopar programas e proxectos internacionais financiados por institucións financeiras multilaterais:
Estes programas de cooperación internacional, poden resultar de grande interese para a nosa empresa, polo que é importante coñecelos, e valorar a nosa posible participación no marco da cooperación, principalmente con países en vías de desenvolvemento.