Bases reguladoras do Insituto Galego de Promoción Económica a internacionalización das empresas galegasBases reguladoras do Instituto Galego de Promoción económica para incentivar á internacionalización das empresas galegas
Favorecer a planificación ordenada da internacionalización da empresa a
través do apoio á elaboración e implementación de plans estratéxicos
internacionais a corto e medio prazo, xa sexa co obxecto de:
abastecemento de materias primas ou produtos intermedios, lanzamento de
produtos ou servizos novos ou xa existentes en novos mercados, ou para
estudar as posibilidades de expansión mediante implantación comercial
en novos mercados internacionais (países ou zonas xeográficas
determinadas dentro dun país).
Apoio de proxectos de cooperación entre empresas galegas para aunar
esforzos, compartir costes e, no seu caso, estratexia e marca para
introducirse por primeira vez en novos mercados internacionais,
especialmente nos países emerxentes de alto crecemento para o
lanzamento de produtos ou servizos galegos en novos mercados (países ou
zonas xeográficas determinadas dentro dun país)
Estas bases teñen o dobre obxectivo de axudar a incorporar profesionais ao mercado laboral e promover e facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados, poñendo, ao seu alcance, axudas para a contratación de profesionais durante o primeiro ano de vixencia do contrato laboral.
A través das súas oficinas no exterior, o IGAPE organiza a participación agrupada para calquera tipo de empresa ou empresarios nunha serie de feiras internacionais que se celebran principalmente nos países onde o Instituto ten centros de promoción de negocios ( CPN).
Fóra de prazo
Nesta sección
Sección de axudas
Nesta sección poderá consultar todas as axudas que poñemos á súa disposición. Nesta portada atopará as axudas que cremos son as máis destacadas, sen embargo, se desexa atopar máis axudas non ten máis que profundizar na árbore buscando o tema que lle interese.
Información sobre programas de apoio ao exportador
Estou a punto de comezar un negocio no que terei que establecer relacións comerciais con China. En concreto, trátase de un software para interiorismo e arquitectura. Teño moi pouca experiencia en comercio internacional, polo que me gustaría recibir información no eido dos programas de apoio á iniciación á exportación que ofrecen os distintos organismos.
Dado que a sá empresa está comezando a súa andadura internacional, recomendámoslle que para familiarizarse coa problemática do comercio exterior inicie a súa formación a través da páxina web de byGalicia onde encontrará orientacións e suxerencias para iniciar a internacionalización da súa empresa. A continuación mostrarémoslle os links:
Iniciación á Internacionalización, facilítalle información e recursos para responder as preguntas que se lle plántella o empresario ao iniciar o seu proceso de internacionalización.
As Chaves da Internacionalización. Ofrécenlle información básica que se debe de ter en conta ao iniciar o proceso de internacionalización da empresa.